Novas
Último Traballo (Maio 2010)
Pradairo está a preparar o seu último traballo chamado "PATEADO", o cal presentarán no Teatro Principal de Compostela o Xoves 3 de Xuño.
Neste último recopilatorio, Pradairo decántase polo arranxo dun repertorio no que sobresaen as xotas. É por isto que este último traballo leva o nome de "PATEADO", xa que na comarca de Compostela é o nome que reciben estas pezas tradicionáis.
PÁXINA WEB (Novembro 2009)
Pradairo estrea nova páxina Web.
Benvidos.
39ª Festival Intercéltico de Lorient (Agosto 2009)
Pradairo acada o 2º posto na final do trofeo Loïc Raison.
Esta competición celébrase no Festival Intercéltico de Lorient durante toda unha semana, de luns a venres. Cada día compiten entre 3 e 4 grupos de diferentes nacións celtas pasando á final, que se celebra o sábado, tan só 4 grupos.
Pradairo pasa a esta final e acada o 2º posto de entre 14 grupos concursantes.
Información sobre este evento:
http://www.festival-interceltique-2009.com/detail-spectacle.php?specID=250
Exitosa estrea de "PATEADO", o último traballo de Pradairo (Xuño 2010)
Tres anos despóis de acadar o primeiro posto no VIII Certamen Folk de Radio Obradoiro e dous anos despóis de grabar o seu primeiro disco titulado "Aliaxe", Pradairo volve a sorprender a todos cunha exitosa estrea do seu último traballo "Pateado" na mesma sala onde xa presentaran o anterior, o teatro Principal de Compostela

Neste último traballo, Pradairo arrímase mási ás xotas, sendo istas as principáis protagonistas neste disco.
Na comarca de Compostela, as xotas, reciben o nome de pateados, por isto Pradairo nomeu con este termo ó seu último traballo, "PATEADO".
Esceario Runas 2008 (Ferstival do Mundo Celta de Ortigueira) (Xullo 2008)
Pradairo queda finalista no certame Runas'08 que se celebra no Festival do Mundo Celta de Ortigueira.
Despóis de competir contra 15 grupos semifinalistas, Pradairo consegue entrar na final xunto con outros grupos como Coanhadeira, Divertimento Folk, Ophiusa, Bilma, Xúa e Sog.
Información sobre este evento:
http://www.festivaldeortigueira.com/runas08/?lang=cas
Pradairo acada o 1º posto no VIII Certame Folk de Radio Obradoiro.
Información sobre este evento:
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=12&idNoticia=165631

